Fisioterapia y Osteopatía en Muros

Inicio Servizos Instalacións Convenios Localización Contacto
Centro de Fisioterapia en Muros

Fisio Muros é un centro de fisioterapia que se atopa na localidade de Muros situado nunha das prazas do casco histórico do pobo con fácil acceso, tanto a pé como en coche, tendo xusto na porta zona de aparcadoiro público e unha praza reservada para minusválidos.


No noso centro realízanse tratamentos de patoloxías traumáticas, reumatolóxicas, deportivas, neurolóxicas, linfedemas, osteopatía... As técnicas a utilizar decídense en función do estado do paciente para conseguir unha pronta recuperación ou mellora do seu estado de saúde, aínda que en xeral teñen unha importante carga manual e contacto directo co paciente, debido ás distintas modalidades nas que nos fomos especializando.


Ademais en situacións nas que o paciente non poida acudir ó centro realizamos visitas a domicilio para a súa maior comodidade.


A titular do centro, Estefanía Martínez González, pon toda a súa profesionalidade e experiencia ó servizo dos seus pacientes, para aportarlles o mellor tratamento.



Curriculum de Estefanía Martínez Gonzáliez

FISIO MUROS | Pza. de Galicia, 8 Baixo - 15250 Muros (A CORUÑA) | Telf./Fax: 981 826 803 | Móbil: 630 534 473
Número de registro sanitario C/15/002389